Un cambadés obtén a promesa dunha nova cita para ser operado do ril tras 12 horas de protesta

CAMBADOS> O veciño de Cambados que se manifestaba no hospital de Montecelo polo aprazamento da súa operación de ril levanta a folga de fame. O home toma esta decisión tras a promesa da xerencia da área sanitaria de atendelo en dous meses. O cambades asegura ter moita dor, especialmente cando sufre cólicos.

O continuo aumento das hospitalizacións por mor da Covid 19 está levando aos sanitarios a aprazar as intervencións doutras enfermidades. Unha situación que afectou a Marcos Fernández, un cambades diagnosticado de pedras no ril hai medio ano e que ía a ser operado esta semana. Ao cancelárselle a intervención o home comezou unha folga de fame no hospital de Montecelo agardando unha explicación pero a dirección do hospital optou por chamar á policía nacional.

O home levantou a súa folga de fame grazas a colaboración da alcaldesa Fátima Abal e do tenente de alcalde Tino Cordal, que se puxeron en contacto co director de centro para que lle desen unha explicación. O xerente da área sanitaria comprometeuse a atendelo en dous meses.

Marcos levanta a folga de fame pero asegura continuar padecendo moita dor.

Polo momento Marcos confiará na promesa do xerente da área sanitaria e agardará a chamada. En caso de que o director non cumpra, volverá mobilizarse, no só pola súa operación se non por todas as persoas enfermas ás que están deixando de atender por mor da covid.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí