Bo ritmo de participación no cribado masivo de Poio

POIO> Éxito de participación no cribado masivo de Poio. As probas comezaron o pasado sábado e está previsto que rematen mañá. En total, por alí pasarán unhas 8.000 persoas. O alcalde valorou hoxe a situación sanitaria que está atravesando este Concello.

Esta é a imaxe máis repetida nos últimos días no aparcamento da Seca, en Poio. Centos de coches agardando a súa quenda para participar no cribado masivo. En total, están citadas unhas 8.000 persoas.

Neste cribado, os sanitarios reparten un pack cun tubo e un aplicador de plástico e son os propios veciños os que teñen que realizar a proba na súa casa. Ao día seguinte, deixan aquí a súa mostra.

Ata este cribado achegouse hoxe alcalde de Poio. Luciano Sobral valorou positivamente a participación por parte da veciñanza.

Nos últimos días, a evolución epidemiolóxica en Poio estabilizouse levemente. Aínda así, a incidencia acumulada neste Concello segue sendo superior aos 2.400 casos por cada 100.000 habitantes.

Ante esta situación, o alcalde non descarta pedir novos cribados no Concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí