A Xunta de Persoal do Salnés pide a dimisión da xerencia por desprotexer aos sanitarios fronte á covid-19

SALNES> A xunta de persoal do hospital do Salnés pide a dimisión da xerencia da área sanitaria. Os traballadores denuncia a falta de protección para enfrontarse á pandemia. Séntense discriminados por unha xerencia da área sanitaria, á que acusan tamén de menosprezos e faltas de respecto.

Así de clara mostrouse a xunta de persoal do hospital do Salnés fartos das actuacións da dirección do centro hospitalario. Os representantes dos traballadores levan tempo denunciando que a xerencia da zona hospitalaria non ten en conta as súas consideracións. Agora a situación agravouse debido ao risco que está a correr o persoal sanitario pola falta de protección fronte á covid.

A situación contrasta coa dos hospitais de Pontevedra. A xunta de persoal síntese discriminada e asegura que a xerencia non lles proporcionará a protección que necesitan ata que teñan un brote.

Os traballadores aseguran que a xerencia os ameazou con sancionalos se utilizaban as máscaras fpp2. Ademais tamén denuncian menosprezos e faltas de respecto por parte da dirección.

Os traballadores advirten que con estas baixas medidas de protección tamén está poñendo en risco ao resto dos pacientes e aos seus familiares. A xunta de persoal xa denunciou todas estas situacións ante a inspección de traballo. Os traballadores continuarán reclamando, dentro da súas posibilidade, unha medidas de protección dignas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí