A protectora “Os Palleiros” está colapsada

PONTEVEDRA> A protectora de Pontevedra está colapsada. Os Palleiros atende actualmente a máis de 180 cans e ten paralizada a recollida de animais pola falta de espazo. Ao habitual abandono que se produce nestas datas, súmase tamén a falta de casas de acollida e de adopcións.

Os Palleiros non ten espazo para máis cans. Aos 150 animais que se atopan actualmente na protectora, hai que sumar os 30 que están repartidos en diferentes casas de acollida. Unha cifra moi alta debido a falta de adopcións e ao abandono que se produce nestas datas.

A presidenta da protectora de Pontevedra fai un chamamento para que a xente adopte. Os cans entréganse esterilizados, desparasitados e con chip. Todos os que queiran facelo, deberán cumprir cunha serie de requisitos.

Gloria Cubas recorda tamén que todos os cans son iguais e anima a todas as familias a acoller animais na protectora antes de mercalos.

Porque para qué mercar un can, cando hai tantos que necesitan un fogar.