Os máis maiores protagonistas en Vilanova co proxeco “Sempre Xove”

VILANOVA> O Concello de Vilanova por en marcha o proxecto “sempre xoven” adicado a terceira idade. Os máis maiores poderán participar en varios obradoiros para fomentar o envellecemento activo.  A iniciativa é gratuíta e moverase por todas as parroquias.

O alcalde de Vilanova quixo mostrar a súa preocupación pola terceira idade e puxo en marcha o proxecto “Sempre Xoven”.  O próximo mes reabrirá as súas portas o reformado Centro Social para Maiores pero o Concello xa ten en marcha esta iniciativa que levará a todas as parroquias.

“Sempre Xoven” é un programa de envellecemento activo, onde os máis maiores poden facer exercicios de rehabilitación e de memoria e participar en actividades de grupo como os maios e o entroido.

O programa levarase a cabo cada día nunha parroquia diferente. Pasará polo pazo de Vista Real, as casas da cultura de San Miguel de Deiro e de Tremoedo e as instalacións da asociación cultural El Castro. No núcleo urbano, a sé será o Museo Valle Inclán, mentres non se inaugure o Centro Social para Maiores.

O horario será de 4 e media a 8 e media. A actividade será gratuíta e agárdase que teña continuidade.

Comments are closed.