SANXENXO> Sanxenxo abre ao tráfico rodado o paso inferior da rúa Madrid. Deste xeito conclúe a primeira fase do prexecto do mercado. Ademais, habilitouse tamén para os peóns unha gran praza mentres non se execute o edificio. Dará servizo ao futuro mercado.
O paso inferior ten 70 metros de longo. Poderse acceder a el dende a rúa Progreso pola Rúa Constitución, agás os vehículos cunha altura superior aos 3,3 metros. A rúa Panadeira só estará habilitada para aceso a garaxes e servizos.
Esta obra contou cunha aportación da Xunta dun millón de euros e do concello de algo máis de 1,3 millóns. O alcalde, que pediu desculpas á veciñanza da zona polas molestias xeradas por esta obra, salientou que a zona está chamada a ser un dos núcleos comerciais da vila.
Nese sentido, apuntou que o novo edificio do mercado está previso que se licite ao longo de 2025 para que sexa unha realidade a finais de 2026. Aí incluirase tamén o revestimento exterior do paso e a urbanización da praza.











