VILANOVA> Co Entroido petando na porta dos concellos, na comarca do Salnés mantense un dos segredos mellor gardados. A día de hoxe a identidade do Momo de Vilanova é toda unha incógnita. Sábese que a popular festa será o 10 de marzo, e que o actor Luis Zahera, será o mestre de cerimonias. Tamén que este ano o boneco que arderá na vila será “terrorífico”.
Hoxe presentouse o Momo en Vilanova, e Luis Zahera xa exerceu de mestre de cerimonias. O que naceu como unha casualidade nun aeroporto rematou por converter ao actor, flamante premio Goya, nun dos protagonistas dun dos días máis importantes do Entroido do Salnés.
Vilanova agarda bater récords de anos anteriores, reunindo a máis de 2.000 persoas no desfile e superando os 20.000 espectadores.
Poucas pistas hai do que xa é un dos segredos mellor gardados na comarca. A identidade do Momo é unha incógnita. Case tanto como o disfraz que levará Luis Zahera como acompañante da personaxe que se queimará o vindeiro día 10 en Vilanova.