Os viticultores do futuro fórmanse en Ribadumia

RIBADUMIA> Os viticultures do futuro fórmanse en Ribadumia. A Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía celebra un curso formativo centrado na elaboración de viños e derivados. En total, 40 horas que servirán aos 15 participantes para tomar nota dalgunhas nocións básicas dun sector con moito presente e futuro na comarca do Salnés.

O curso é un clásico da Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia. Organízase nestas instalacións dende os seus inicios a finais dos anos 90. Trátase dunha acción formativa centrada na elaboración de viños e os seus derivados.

Outro dos piares do curso son as distintas tecnoloxías que se empregan na actualidade nas adegas. Tamén unha parte destinada á cata.

A iniciativa está destinada á mocidade, por se-los futuros profesionais do sector, sen deixar fóra outros perfís. A edición deste ano está a ser un éxito, coas 15 prazas dispoñibles cubertas.

O curso, que se está a impartir nestas instalacións da Estación de Ribadumia, ten unha duración total de 40 horas. Vaise prolongar ata o vindeiro día 29.  Os participantes faranse co seu correspondente certificado, unha vez superada a proba de avaliación final.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí