O Teatro Principal reabrirá en setembro, unha vez rematadas as obras dos baños

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra apura os prazos para reabrir o Teatro Principal ao público. O obxectivo do goberno local é que a instalación estea operativa en setembro, para acoller o congreso Placemaking que se celebra a finais dese mes. As obras levan máis de dous meses paralizadas trala entrada en concurso de acreedores voluntario da empresa adxudicataria dos traballos. Situación que agardan desbloquear próximamente, despois de que hoxe deran conta da resolución do contrato.

Tras máis de dous meses de paro polo concurso de acreedores voluntario da empresa adxudicataria, o concello de Pontevedra desbloqueará proximamente os traballos no Teatro Principal. O goberno local deu conta hoxe da resolución do contrato.

Segundo os cálculos do goberno local, o contrato menor para a construción dos baños podería adxudicarse nun prazo de 15 ou 20 días. Ademais, as obras poderían estar rematadas no prazo dun mes. O que permitiría reabrir o Teatro Principal ao público.

O Placemaking celebrarase entre o 27 e o 30 de setembro. De xeito paralelo, o executivo inicia o expediente de liquidación para liberar o crédito non consumido que se consignara ás obras do Teatro Principal. E que a empresa paralizou ao 14% de execución.

Gulías estima que este novo proceso de licitación poderá prolongarse entre 6 e 8 meses. Así as cousas, a intención do concello é non ter que volver pechar o Teatro Principal. Por iso, falarán coa nova adxudicataria e coas entidades que empregan as instalacións para intentar compatibilizar as obras cos seus usos habituais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí