RIBEIRA> O alcalde , Manuel Ruíz, valorou moi positivamente o anuncio do presidente da Xunta da construción da futura residencia na localidade.
Segundo o rexedor trátase dunha gran nova, pola que levaban tempo xa agardando, que se une tamén a outras actuacións importantes que en breve serán unha realidade como é o caso do módulo de atletismo, o futuro auditorio, a ampliación do hospital ou o novo centro de saúde, entre outras.
O rexedor referiuse tamén a súa posible ubicación. Todo apunta a que se emprazará nos terreos da antiga discoteca ‘Hesta Kurva’, adquiridos xa hai un anos polo Concello.
En canto a prazos, o alcalde agarda a que a súa licitación se realice xa durante o vindeiro ano 2022, co financiamento de fondos europeos.