O Pazo da Cultura de Pontevedra aspira a autoabastecerse ao 100% de enerxías renovables

PONTEVEDRA> Pontevedra impulsará un ambicioso proxecto para a no  do Pazo da Cultura e do Recinto feiral da cidade. Cun orzamento de tres millóns de euros, a reforma pretende conseguir que o 100% da enerxía que consumen estes edificios sexa renovable. Ademais da instalacións de paneis solares, mellorarase a envolvente e renovarase todo o alumeado.

Converte-lo Pazo da Cultura de Pontevedra e o recinto feiral nunha illa enerxética. Son os dous edificios municipais que máis electricidade consumen e o obxectivo do concello é conseguir o maior aforro enerxético posible, a través dun paquete de medidas de 3 millóns de euros.

A actuación contempla a instalación de placas solares nos dous edificios, coa intención de conseguir que o 100% do que alí se consome proveña de fontes renovables. Unha medida que permitiría a creación dunha comunidade enerxética, derivando o excedente a outros edificios.

A outra das principais melloras está centrada na mellora da envolvente, mantendo a súa estética exterior, por ser Premio Nacional de Arquitectura no ano 99. Ademais tamén se contempla a mellora do confort térmico e da iluminación, que será toda de tipo LED. O terceiro eixo do proxecto xirará entorno á dixitalización de todos estes sistemas.

A intención do concello é financiar este proxecto a través de Fondos Europeos do Programa de Impulso á Rehabilitación de Eficifios Públicos. De consegui-la captación deses fondos, todas as melloras terán que estar executadas antes de que remate o ano 2026.