A Deputación da Coruña destina 900.000 euros á limpeza de praias en 41 concellos da provincia

BARBANZA> A Deputación da Coruña destina 900 mil euros á limpeza de praias na provincia. Un total de 41 concellos beneficiaranse deste programa de subvencións que contribuirán a manter os areais coruñeses en óptimas condicións durante a tempada estival.

O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe a concesión provisional do programa de limpeza de praias a través do cal a Deputación da Corula destina 900 mil euros a 41 concellos costeiros de toda a provincia.

O obxectivo é axudar a sufragas os gastos derivados da contratación do persoal que integrará as brigadas de limpeza así como a adquisición do material necesario, vestiario e combustible.

Ademais de facilitar que os areais estean en óptimas condicións durante a tempada estival, este programa contribúe á creación de emprego. Xunto coa contratación de socorristas en piscinas municipais e praias fluviais emprégase cada verán a unhas 300 persoas. O importe das subvencións oscila entre preto de 7 mil euros a algo máis de 31 mil, establecido en función da superficie total de praias existentes no municipio e a poboación do concello. As axudas unha duración máxima de tres meses, comprendidos entre o 1 de abril e 31 de outubro.