“O caso dos semáforos” empapa de tensión o último pleno do ano

PONTEVEDRA> Gran tensión a vivida esta mañá no Teatro Principal. A corporación municipal celebrou hoxe o pleno ordinario de decembro. Unha sesión marcada pola comparecencia da concelleira Carme da Silva sobre o coñecido como “caso dos semáforos”.

O espírito de Nadal non estivo moi presente no pleno ordinario desta mañá. A tensión era palpable tanto no escenario como no patio de butacas. A presenza dos axentes da Policía Local na sesión xa facía presaxiar o que ía a ser o punto máis conflitivo, a comparecencia do goberno municipal sobre “o caso dos semáforos”. Carme da Silva acusou ao PP de dirixir á Policía Local e de facer público a tramitación do expediente contra os dous axentes acusados de manipular os semáforos durante unha protesta laboral.

O PP respondeu á concelleira nacionalista acusando ao Concello de denunciar sen probas aos dous axentes e de posicionarse a favor do xefe da Policía. Ademais, Rafa Domínguez pediu que Carme da Silva se desculpase cos funcionarios.

Tras o cruce de acusacións entre os nacionalistas e os populares, a tensión culminou con esta pregunta de Carme da Silva.

As explicacións de Carme da Silva non convenceron aos axentes da Policía Local, quenes finalmente decidiron abandonar o pleno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí