A POBRA> Oposición da comunidade educativa ó posible traslado dos alumnos da Escola de Educación Infantil Fernández Varela a outro centro. Tanto os pais como o equipo docente manifestaron a súa disconformidade coa proposta do concello.
Malestar entre os pais dos alumnos do Fernández Varela ante a falla de información sobre o posible peche do centro e o traslado dos alumnos ó CEP Salustiano Rey Eiras. Afirman que o concello non informou das súas intencións ás familias que se enteraron tras unha reunión informal coa ANPA.
Non comparten os criterios esgrimidos polo concello ó respecto da baixada da matrícula posto que na actualidade hai 51 alumnos no centro, distribuídos en tres aulas, a tan só 9 do límite legal posto que as rateos establecen un máximo de 20 alumnos por clase.
Neste sentido, entenden que o traslado ó Salustiano Rey Eiras non pode xustificarse pola baixada de alumnos posto que se trata dun grupo de idade, de 3 a 6 anos, co que actualmente non conta o colexio de Bandaseca.











