Os comités de empresa de ENCE séntese enganados e mobilizaranse

PONTEVEDRA> O comité de empresa de ENCE anuncia que tomarán medidas para defenderse tanto nas rúas como nos xulgados. Séntense enganados polo goberno do Estado. O próximo venres mobilizaranse na Deputación.

Os representantes sindicais de ENCE desprazáronse onte a Madrid para reunirse co Secretario de Estado de Medio Ambiente. A sorpresa foi máxima ó aparecer o director de gabinete e comunicarlles que Hugo Morán non podía recibilos. A representación acusa ó secretario de agocharse e anuncian que xa están fartos de ver como se xoga cos seus traballos.

Segundo os representantes, o director de gabinete informoulles que o problema non era ambiental se non de interpretación. Insistindo en que o pronunciamento da avogacía non ten intención electoral, algo que non comparten os traballadores de ENCE. Séntense enganados ó descubrir que a concesión se outorgou con consulta previa da avogacía, ó contrario do que lles comunicou o director de gabinete.

Para o comité isto demostra que fronte ós mesmos feitos a avogacía cambiou de criterio por iso van tomar medidas.

A próxima mobilización terá lugar o venres na Deputación. A pesar de que foi rexeitada a súa petición de intervir no pleno, asistirán como público para defender os seus postos de traballo.

Comments are closed.