Ánxeles Vázquez avoga por reducir o uso dos plásticos no Día Mundial do Medio Ambiente

RIBEIRA> Hoxe 5 de xuño conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente. O Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular ‘Viratec’ desenvolveu unhas xornadas en Ribeira para conmemorar esta efeméride que cumpre xa 50 anos.

A Conselleira de Medio Ambiente participou no acto organizado polo Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular ‘Viratec’ en Ribeira co gallo do Día Mundial do medio Ambiente. Xunto co alcalde de Ribeira apelaron á responsabilidade e racionalidade no consumo de plástico dadas as graves consecuencias derivadas da súa contaminación na saúde, na economía e no medio ambiente.

A solución pasa, indubidablemente, pola concienciación dende a base pero tamén polo desenvolvemento da economía verde que propón un modelo produtivo máis sostible reducindo o lixo industrial e e fomentado a utilización de materias primas recicladas.

Estímase que cada ano acaban no mar entre 19 e 23 millóns de toneladas de plástico e cada minuto véndense no mundo un millón de botellas de plástico, envases que tardan en descompoñerse uns 450 anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí