Cinco familias e dous negocios de Barro serán desafiuzados tralo embargo dos pisos ao propietario

BARRO> 5 vivendas e dous negocios de Barro están preto de ser desafiuzados. O embargo dos pisos ao propietario, suspendeu os seus contratos e a xustiza ordena que deixen os domicilios e os baixo comerciais. Os afectados denuncian que no momento das poxas non foron avisados, que a Sareb se fixo cos pisos e que non quere manter os alugueres e que se atopan totalmente abandonados.

Dende hai 3 anos, o día a día de 5 familias e dous negocios deste edificio de Barro é un pesadelo. Os inquilinos pagaban os seus alugueres e facturas con total normalidade, ata que o banco lles informou que os pisos e baixos foron embargados ao propietario e tiñan que desaloxalos. Os alugados tentaron sen éxito nos xuízos manter os seus alugueres pero agora pesan sobre eles dúas ordes de desafiuzamento.

Os alugados denuncian que non foron avisados das poxas dos inmobles e que non tiveron posibilidades de manter a súas vivendas ou negocios.

Segundo explican os veciños, no xulgado a Sareb alegou que nas vivendas non residía ninguén. Unha alegación que os veciños non entenden xa que eles están ao día co pago das facturas e continuaron pagando os alugueres ata o aviso do banco.

A veciñanza tamén sinala ao promotor e propietario das vivendas como culpable desta situación, xa que non avisou do embargo e continuou cobrándolles o aluguer.

Outra da denuncia dos veciños é que a Sareb non quere negociar con eles. Polo momento non puideron contactar con ninguén da empresa.

Os veciños piden axuda ás administracións para non perder as súas vivendas e os seus negocios. Agardaran ata o último momento a resolución xudicial pero advirten que se mobilizarán e farán todo o posible para manter a súas vivendas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí