O obradoiro de hostalería do Salnés pon en valor o aceite de oliva virxe extra coa celebración dunha cata

SANXENXO> Consumir aceite de oliva virxe extra para mellorar a saúde. Con esta premisa, o obradoiro de hostalería do Salnés realizou unha cata de aceites en Sanxenxo acompañada por diferentes elaboracións creadas polos propios alumnos. Os asistentes puideron probar na cata diferentes aceites de Galicia, Zaragoza e Cáceres.

O obradoiro de hostalería da Mancomunidade do Salnés continúa formando aos seu alumnado en todos os campos posibles para que se convertan en expertos do sector. Este martes, o obradoiro realizou unha xornada dedicada ao aceite de oliva virxe extra. Primeiro cunha cata e logo cunha degustación de diferentes elaboracións creadas con este produto.

Para o alumnado é unha oportunidade para aumentar o seus coñecementos e gañar experiencia.

Os asistentes puideron coñecer os beneficios do aceite de oliva virxe extra.

Para as empresas que participaron nas catas, estas xornadas permítenlle poñer en valor e promocionar os seus produtos.

España é o país que máis aceite de oliva virxe extra produce, o que para as empresas é unha sinal da gran calidade do produto do noso país. O alumnado do obradoiro puido coñecer as súas característica e xa están preparado para empregalo nas súa cociña cando dean o salto ao mundo laboral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí