Emprendedores do Salnés, O Barbanza, Caldas e Pontevedra danse cita no Polo de Vilanova

VILANOVA> Acompañar un proxecto dende que nace ata que se consolide ou axudar a expandir aquel que xa está en marcha. Esta é a dobre misión do Polo de Emprendemento de Vilanova. Un servizo que leva apenas un mes en marcha no pazo de Vista Real. Dende aquela, case medio cento de emprendedores recorreron a este servizo gratuíto de apoio e asesoramento.

O Polo de Emprendemento de Vilanova, situado no Pazo de Vista Real, segue recibindo novos proxectos emprendedores.É o caso de  Christy. Cun idea do que ela quere facer, descubriu esta rede impulsada pola Xunta e contactou para recibir asesoramento.

E chegou ao Polo de Vilanova coa intención de darlle forma ao seu proxecto, centrado na comida rápida de fusión

E aquí estana guiando para conseguir que esa idea sexa viable.

A este Polo de Vilanova poden achegarse empredendores das comarcas do Salnés, O Barbanza, Caldas ou Pontevdra. Christy, por exemplo, vive na capital da provincia. Salienta a comodidade que supón para ela poder recibir asesoramento tanto de xeito presencial como de forma telemática.

Sendo natural do Perú, tamén celebra o acompañamento que supuxo para ela dende o punto de vista humano. Ve esta rede de polos como unha boa ferramenta para aquelas persoas que, como ela, decidan asentarse en Galicia.

O de Vilanova é un dos 15 polos de emprendemento cos que conta a rede deseñada pola Xunta. No seu conxunto, dende a súa posta en funcionamento a mediados de 2022 xa prestaron asesoramento a a máis de 2.800 proxectos empresariais en diferentes fases e realizaron máis de 7.500 titorías.