Valga celebrará a primeira edición do festival clásico Confluencias

VALGA> Valga celebra o seu primeiro festival de música clásica. Dende o 3 ao 5 de setembro Confluencias terá lugar na vila con 9 concertos. As actuacións serán no auditorio e en entre os grupos estarán a orquestra e banda de Valga.

O concello de Valga celebrará por primeira vez o festival Confluencias. Un evento de música clásica que reúne dous dos elementos máis característicos de Valga, a música clásica e o camiño de Santiago.

O festival terá lugar do 3 ao 5 de setembro. Contará con 3 concertos por día entre os que se inclúen as actuacións da orquestra e a banda de Valga.

O evento finalmente celebrarase no auditorio para cumprir con todas as normativas sanitarias.

As entradas están á venda de forma online. Dende o goberno local e a organización agardan poder celebrar o festival para o ano con total normalidade no Parque Dios Mosquera.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí