A bicicleta como medio de transporte en Pontevedra

PONTEVEDRA> “30 días en bici” é unha iniciativa mundial coa que se pretende fomentar o uso deste vehículo como medio de transporte. A asociación Pedaladas espera que con este reto, o emprego da bicicleta se converta nun hábito para todos os pontevedreses. E para iso, ao longo do mes, levará a cabo diversas actividades na cidade.

Animar ás persoas a usar ás bicicletas durante o mes de abril para que se converta nun hábito permanente.  Ese é o obxectivo do programa “30 días en bici”, unha iniciativa a nivel mundial que pouco a pouco se vai popularizando entre os pontevedreses.

Dentro deste programa, a Asociación Pedaladas está organizando diversas actividades abertas ao público que se levarán a cabo durante todo o mes.

Aínda queda moito traballo por facer para que este vehículo se converta no medio de transporte principal entre a cidadanía, pero con esta iniciativa, e pedalada a pedalada, parece que a bicicleta vai encontrando o seu oco na cidade.