O Concello mellora a mobilidade da rúa Herminia Fariña Cobián

PONTEVEDRA> Os veciños da avenida de Vigo xa contan cun barrio adaptado ao modelo de cidade de Pontevedra. O alcalde e o concelleiro de obras visitaron esta mañá a rúa Herminia Fariña Cobián para comprobar de primeira man o resultado dos traballos realizados nesta zona.

Este é o resultado das obras da rúa Herminia Fariña Cobián. O obxectivo destes traballos era mellorar a mobilidade arredor do Instituto Torrente Ballester.

Ampliación das beirarrúas, deixando un único carril de circulación no primeiro tramo e instalación dos pasos sobreelevados a un único nivel.  Estas obras tiveron un custe de máis de 241.000 euros.

A mellora da mobilidade deste barrio completouse co remate das obras na avenida de Vigo, onde se pechou o circuíto de peóns e se estableceu unha zona axardinada.