PONTEVEDRA> Comeza a conta atrás para a celebración de Pontevedrada. A marcha nocturna a prol da doazón levarase a cabo o sábado 27 de abril e nela participarán arredor de 2.000 persoas.
Concienciar á cidadanía da importancia da doazón altruísta. Ese é o obxectivo de Pontevedrada. A marcha nocturna volve este ano coa súa novena edición.
Por primeira vez, a camiñada sairá dende a praza de España e nela participarán cerca de 2.000 persoas.
A cita será o 27 de abril e xa se poden recoller os dorsais na Casa Luz de luns a venres.