O circuíto Ponte a Conducir ofrecerá aos nenos prácticas de peón, de condutor de bici e de karts

PONTEVEDRA> Centos de nenos desfrutarán este ano dunha nova edición do circuíto Ponte a Conducir. Unha xornada de educación viaria na que haberá prácticas de peón, de condutor de bici e de karts. Ademais, tampouco faltarán os concursos, os obradoiros e as exhibicións. A cita será o vindeiro día 21 e o lugar a explanada de A Seca, en Poio.

A explanada de A Seca volverá a acoller, un ano máis, a xornada Ponte a Conducir. Un circuíto de Educación Vial para os máis pequenos no que haberá prácticas de peón, de condutor de bici e de karts.

Nesta sexta edición de Ponte a Conducir tamén haberá obradoiros de primeiros auxilios, exposicións, exhibicións e o tradicional Concurso de Debuxo. O lema deste ano será “O móbil e a circulación”. O obxectivo, que os nenos aprendan normas de conduta e de comportamento.

Para poder participar nesta xornada, os nenos e nenas deberán inscribirse na web da FANPA.

Estas actividades de seguridade viaria están dirixidas para nenos de entre 3 e 14 anos. Ademais, como ven sendo habitual nas últimas edicións, a xornada Ponte a Conducir celebrarase unicamente en Poio.

A Xornada Ponte a Conducir comezará o sábado 21 ás 10:00 horas da mañá. Todos os nenos que queiran participar, ademais de inscribirse na web da FANPA ,deberán levar o seu medio de transporte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí