VILAGARCÍA> Zona Aberta de Vilagarcía regalará 500 roscas polo día da Pascua. A nova campaña da Asociación de Comerciantes agasallará ós clientes que merquen nos establecementos asociados do 12 ó 20 de Abril. Ademais nas roscas haberá 18 premios en vales desconto.
Achégase o día da Pascua, data na que os padriños agasallan ós seus afillados cunha rosca. Na nova campaña de Semana Santa, a Asociación de Comerciantes Zona Aberta de Vilagarcía, vístese de padriño e agasallará con 500 roscas ós seus clientes.
Os tickets entregaranse polas compras realizadas nos establecementos asociados do 12 ó 20 de Abril, pero o agasallo só estará dispoñible para os 500 primeiros que acudan o día 20 á panadería Víctor Cordo. Ademais dentro das roscas haberá 18 vales de desconto de diferente valor, dende os 10 ata os 100 euros.
Tralas vendas das anteriores campañas e dos últimos anos en Semana Santa, a asociación espera unha boa resposta dos clientes.
A iniciativa deste ano é unha novidade nunca feita antes por Zona Aberta e que pon en valor o seu slogan “As vendas en Zona Aberta sempre teñen premio”.