A estación intermodal de Pontevedra estará rematada este mesmo ano a pesar da crise do coronavirus

PONTEVEDRA> As obras da estación intermodal estarán rematadas este mesmo ano a pesar da crise do coronavirus. Así o confirmou esta mañá a conselleira de Infraestrutras e Mobilidade. Ethel Vázquez mantivo unha videoconferencia co alcalde da cidade na que se constatou que estas actuacións avanzan a bo ritmo.

Tras a interrupción do pasado día 15 polo cese xeral das actividades non esenciais, a Xunta de Galicia asegurou hoxe que as obras da estación intermodal avanzan con seguridade e tendo moi en conta as medidas de protección. Cabe recordar que este proxecto conta cun orzamento de 6 millóns de euros e é unha das obras máis importantes neste momento a nivel local. Por unha banda estase a executar un novo itinerario peonil entre as estacións de autobús e tren. Ademais, tamén humanizarase todo o entorno e farase unha remodelación integral da estación de autobuses. O obxectivo final é por tanto unir as dúas instalacións e crear así un gran conxunto intermodal na cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí