“Diferentemente iguais”, Ribadumia súmase ao Día Internacional das persoas con discapacidade

RIBADUMIA> Ribadumia celebra o día da discapacidade coa campaña “diferentemente iguais”. Cun posto diante da casa consistorial, a área de igualdade puxo en valor diferentes historias de persoas discapacitadas e invitou á veciñanza á coñecelas persoalmente. O obxectivo é compartir as experiencias para concienciar á poboación da importancia da igualdade de oportunidades.

O día 3 de decembro celébrase o día internacional das persoas discapacitadas. Un día para poñer de manifesto a loita pola igualdade de oportunidades para este colectivo. O concello de Ribadumia sumouse a este colectivo e organizou unha actividade para concienciar á súa veciñanza.

O concello creou a campaña “diferentemente iguais, unid@s polos soños: a miña vocación profesional”. O proxecto foi creado por Jennifer Paz, unha traballadora nova no concello que non dubidou en ir máis alá dun programa tradicional. A campaña está enfocada á concienciar a poboación e invitalos a un encontro no que coñecer persoalmente ás persoas deste colectivo.

A campaña conta 8 historia de diferentes persoas discapacitadas a través duns marca follas.

No programa colaboraron as asociacións Bata Vilagarcía e Esperanza Salnés. Dende o concello resaltaron a gran participación da veciñanza para axudar a que a igualdade estea un pouco máis preto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí