Sanxenxo aposta polo podruto local ca “Mix Made in Sanxenxo”

SANXENXO> Ante a gran afluencia de turistas o concello espera unha boa acollida da II feira multisectorial. Nesta cita apóstase polo produto local. As actividades terán lugar do 18 ó 20 de abril na praza do mar. A gran novidade deste ano é un desfile de moda.

Ó mal tempo, boa cara. Dende o concello de Sanxenxo esperan que as precipitacións previstas para Semana Santa aumenten as visitas da II feira multisectorial de oportunidades. O evento volve outra edición máis organizado pola Asociación Entretendas. Este ano súmase o concello baixo o lema “Mix Made in” Sanxenxo ampliando a oferta de actividades.

O programa terá lugar do 18 ó 20 de abril e nos tres días estará aberta a feira de oportunidades.

A gran novidade desta edición será un desfile de moda que terá lugar o xoves as 20.

Todas as actividades realizaranse na carpa que o concello montou na praza do mar. O alcalde engadiu que ademais da programación amosada haberá outras sorpresas que non desvelará ata a inauguración do evento.