O cribado de Poio detecta a 41 positivos e consegue un 78,5% de participación

POIO> O cribado masivo de Poio detectou a 41 positivos. Así o anunciou hoxe o SERGAS. Isto supón o 0,66% de todas as mostras rexistradas. Ademais, estas probas deixaron un alto porcentaxe de participación, xa que o 78,5% da poboación citada acudiu ao cribado.

Máis de 6.000 veciños de Poio pasaron por este cribado poboacional entre o 30 de xaneiro e o 2 de febreiro. Desas máis de 6.000 mostras, soamente se detectaron 41 positivos. Ou o que é o mesmo, o 0,66% do total.

A participación no cribado foi moi elevada. En total, participou o 78,5% das persoas citadas.

Cabe lembrar que estas probas estaban dirixidas a persoas de entre 15 e 50 anos. O Concello de Poio xa anunciou que pedirá novos cribados no municipio para tratar de detectar así a máis persoas asintomáticas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí