PONTEVEDRA> Arranca na cidade unha nova edición da Semana Galega da Filosofía. Unha quincena de relatores de diferentes países encherán o Teatro Principal para debater arredor da temática das fronteiras.
Xa está aquí a trixésimo sexta edición da Semana Galega da Filosofía. Un evento que reunirá na cidade a quince relatores de gran prestixio internacional que debaterán sobre o tema das fronteiras.
A inauguración desta nova edición foi todo un éxito. A encargada de abrir o acto foi a profesora da Universidade de Columbia, Saskia Sanssia, que falou sobre a emigración en Estados Unidos.
Un evento que sen dúbida continúa crecendo e que atrae a centos de persoas de todo o mundo para debater e reflexionar sobre as fronteiras e a migración.