O Concello firma un convenio con Coca-Cola para o mundial de tríatlon

PONTEVEDRA> A cidade comeza xa a prepararse para o ITU Multisport Festival, e con motivo desta celebración, o Concello firmou esta mañá un convenio de colaboración con Coca-Cola. A empresa repartirá arredor de 70.000 unidades de bebidas durante os mundiais de tríatlon e desenvolverá diversas actividades co obxectivo de sensibilizar á cidadanía sobre a reciclaxe.

Todo está listo para que arranque o mundial de tríatlon. Pero un dos últimos pasos antes de que comece a cita foi a sinatura, esta mañá, do convenio de colaboración entre o goberno local e a empresa Coca-Cola.

Nas diferentes probas do mundial de tríatlon haberá ata 70.000 bebidas para os deportistas, o voluntariado e os membros da organización e ademais a empresa contará cun posto informativo na Alameda de Pontevedra onde instalará paneis de sensibilización sobre a reciclaxe.

A catro días de que comece a gran festa do deporte na cidade, o alcalde mostrouse satisfeito polo traballo realizado ata agora e moi orgulloso do equipo técnico.

Nos vindeiros días comezarán a chegar á cidade os deportistas cos seus acompañantes e o goberno local está convencido de que conseguirán deixar a Pontevedra no máis alto do deporte mundial.