PONTEVEDRA> Os traballadores de Ence foron os protagonistas no arranque da campaña electoral de cara ás municipais. Os operarios da fábrica concentráronse ante o mitin do Bloque Nacionalista Galego en Pontevedra para defender os seus postos de traballo. Os dirixentes do grupo municipal foron recibidos no Teatro Principal entre gritos, chifres e petardos.
Así comezou o mitin de arranque de campaña electoral do Bloque Nacionalista Galego. E así continuou dentro do Teatro Principal.
A continuidade de Ence en Lourizán marcou, sen dúbida, este inicio de campaña. Sen embargo, esta situación non impediu que os nacionalistas puidesen mostrar o seu compromiso e ilusión con Pontevedra.
O alcalde mostrouse moi satisfeito co traballo realizado nestes últimos vinte anos e convencido de que o mellor aínda está por vir.
Lores pediu a todos os pontevedreses que non se confíen e que acudan ás urnas o vindeiro 26 de maio para que Pontevedra non volva atrás.