POIO> O Concello de Poio presentou hoxe a programación de Nadal. Unhas festas moi diferentes ás de anos anteriores pero nas que non faltará a música, a maxia e, por suposto, a ilusión.
O Concello de Poio non renuncia á ilusión e a alegría que desprende cada ano o Nadal no municipio. É por iso que, a pesar das restricións establecidas pola crise da Covid, o goberno local presentou hoxe unha ampla programación para estas festas.
Ademais de todos os espectáculos que percorrerán as cinco parroquias do Concello, este ano haberá tamén unhas visitas moi especiais aos centros educativos.
Os cativos son sen dúbida os grandes protagonistas destas festas. Xustamente por iso o Concello non quería deixar de lado todos os seus desexos.
Aínda que sexa cun formato diferente, todos os veciños de Poio poderán gozar destas festas, porque sen dúbida, este ano a emoción e a ilusión do Nadal fan máis falla ca nunca.