PONTEVEDRA> O goberno municipal recibiu esta mañá aos poñentes da Semana Galega de Filosofía. Esta visita é un recoñecemento por parte do Concello á xente que participa no evento. Unha cita que trae a Pontevedra aos mellores sociólogos, antropólogos e filósofos do momento.
A Semana Galega de Filosofía está sendo un éxito e está superando todas as expectativas. Por iso, para recoñecer a labor que hai detrás deste gran evento, o goberno local recibiu esta mañá no Concello a todos os poñentes que participan nos diferentes actos.
A trixésimo sexta edición da Semana Galega de Filosofía xira entorno o tema das fronteiras. Un asunto moi de actualidade.
O Teatro Principal seguirá ata o venres acollendo a máis filósofos, profesores e antropólogos que darán a súa opinión sobre esta temática. Ademais, o venres, para pechar esta gran semana da filosofía, renderase unha homenaxe ao pobo Saharaui.
Comments are closed.