PONTEVEDRA> Aparecen restos arqueolóxicos na Rúa do Rouco. Uns ósos tapados con cunchas de vieira que, segundo anunciou esta mañá o goberno municipal, poderían pertencer a un animal. Este incidente de última hora obrigou ao Concello a paralizar as obras durante, polo menos, 10 días.
A aparición duns restos arqueolóxicos obriga ao goberno municipal a paralizar parte das obras da Rúa do Rouco. Os ósos, que estaban tapados con cunhas de vieira, foron encontrados na esquina do colexio de Barcelos durante a pasada semana. Un feito que paralizará parte das obras durante, a lo menos, 10 días.
A reforma da Rúa do Rouco non foi a única obra que se levou esta mañá á Comisión de Mobilidade. A corporación municipal aprobou tamén os informes dos técnicos respecto ao proxecto da Variante de Alba.
Os traballos continúan tamén na Rúa Lepanto e na Rúa Gorgullón. Na primeira comezouse xa coa pavimentación e na segunda coa instalación dos leds no chan. As dúas reformas poderían estar rematadas nun par de meses.