Atunlo promete frear o preceso sancionador contra os traballadores da planta do Grove

O GROVE> A CIG solicita unha reunión urxente do comité de empresa de Atunlo, no Grove, para aborada-lo uso do sistema de medición de produtividade. A central nacionalista quere que a empresa ratifique que deixará de empregar ese método con fins sancionadores. A CIG cre que con este anuncio a dirección da compañía pretendía que se suspendera a concentración desta mañá dos traballadores. No paro participou boa parte do persoal.

A concentración ás portas de Atunlo estaba anunciada e o guión mántívose a pesar dos distintos capítulos que se foron sucendendo nas últimas horas. Ante a denuncia por parte da CIG dun uso abusivo do sistema de medición de produtividade, a empresa decidiu mover ficha prometendo deixar de expedientar ós traballadores  por ‘baixo rendemento’.

Por iso, a CIG solicita unha reunión urxente do comité de empresa de Atunlo. Queren que a empresa ratifique ese anuncio porque -din- promesas como esta xa as escoitaron antes.

A CIG insiste en que a única saída é que o sistema de produtividade volva usarse como antes, só para premiar ós empregados máis produtivos. Ademais, na reunión que hoxe solicitaron proporán que non se teñan en conta os expedientes xa abertos.

Tamén lanzan unha adventencia á compañía ante os capítulos de abuso de autoridade que, segundo din, sufriron delegados da CIG por parte de postos intermedios de Atunlo.

Unha mobilización que tivo lugar este mediodía e que, polo momento, será a única que se organice. Ante os últimos anuncios da compañía, a CIG decidiu paralizar as protestes como mostra de boa vontade. Iso si, ameazan con retomalas se ao final todo queda en papel mollado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí