O BNG considera insuficiente a pavimentación dos aparcadoiros de Abesadas

RIBEIRA> Satisfacción no seo do BNG de Ribeira tralo inicio dos traballos de pavimentación dos aparcadoiros de Abesadas. Aínda así, para os nacionalistas trátase dunha actuación insuficiente xa que non contempla a instalación de alumeado nin zonas verdes.

Os nacionalistas viron como, por fin, comezou a materializarse a longamente demandada mellora dos aparcadoiros disuasorios emprazados no barrio das Abesadas. Aínda que si se acometerá a pavimentación do chan, que ata o de agora era de terra, non está prevista a instalación de alumeado nin a plantación de árbores tal e como demandaban os nacionalistas.

Pero á marxe da mellora desta zona de estacionamento, o BNG reclama a dotación de novas prazas públicas coa remunicipalización do aparcadoiro do centenario. Volven insisitir na necesidade de que o concello asuma a xestión pública e directa do servizo.

Nesta mesma liña, os nacionalistas seguen a traballar para conseguir melloras no transporte que garantan un servizo público e eficiente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí