Dous alumnos do Castro Alobre clasificados para a Olimpíada Galega de Matemáticas 2019

VILAGARCÍA> Dous alumnos do Instituto Castro Alobre de Vilagarcía clasificados para a final da Olimpíada Galega de Matemáticas 2019. No certame participarán 40  estudantes. A vilagarciá Noa Patiño é a única rapaza clasificada por Pontevedra.

A Olimpíada de Matemáticas é un concurso que se fai entre estudantes co obxectivo de estimular o estudo desta materia e descubrir novos talentos. Na primeira fase, de nivel provincial, participaron nove alumnos do instituto Castro Alobre e só dous conseguiron clasificarse para o galego.

Os dous estudantes, que cursan actualmente 2º da ESO, tiveron que resolver 5 problemas.

Agora disputarán a Olimpíada Galega de Matemáticas 2019 o que lles xera diferentes sensacións.

Os profesores do Castro Alobre aseguraban que son moi poucas as rapazas que participan neste torneo. Aínda que a tendencia comeza a cambiar, Noa foi a única clasificada por Pontevedra.

A Olimpíada Galega de Matemáticas terá lugar o 23 de maio en Lugo e é clasificatoria para a final nacional.