Demandan máis persoal para a capitanía marítima de Ribeira

RIBEIRA> As confrarías de Ribeira, Aguiño e Palmeira demandan máis persoal para a capitanía marítima de Ribeira. O servizo aínda non está aberto de xeito presencial e tan só se pode despachar de xeito telemático dous días á semana.

A pesar de que a flota xa traballa con normalidade, a capitanía marítima de Ribeira continúa pechada ó público. tan só atende con cita previa, dous días á semana, cos consecuentes retrasos ante a gran cantidade de barcos que alí despachan.

Xa antes da pandemia, o sector viña demandando a asignación dun capitán marítimo para o distrito. Agora con máis urxencia posto que a situación empeorou.

As confrarías do municipio teñen previsto elevar as súas protestas á Dirección Xeral da Mariña Mercante para que asigne defintivamente un capitán marítimo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí