VILAGARCÍA> A triatleta Aída García homenaxeada en Vilagarcía polos seu dobrete nos Campionatos do Mundo ITU Mulstisport Word. A santanderina afincada na vila, conseguiu os títulos de Dúatlon Esrprinte e Tríatlon Cross na categoría de 45 a 49 anos. O próximo reto agora é o mundial de Lausana.
O concello de Vilagarcía continúa homenaxeando a todos aqueles deportistas da vila que acadan éxitos importantes. Hoxe a protagonistas foi Aída García. A santanderina, afincada dende hai anos en Vilagarcía, acadou dous campionatos do mundo en Dúatlon Esprinte e Tríatlon Cross na categoría de 45 a 49 anos.
A triatleta mostrouse agradecida pola homenaxe dunha vila, da que di, sentirse unha máis.
Aída García, que empezou no tríatlon fai só 4 anos, xa ten a cabeza posta en novo retos.
A protagonista acudiu á cita acompañada por moitos familiares e compañeiros ós que agradeceu o seu apoio para seguir adiante neste deporte.