A Policía Nacional detén a dous homes como presuntos autores de catro roubos con intimidación

PONTEVEDRA> A Policía Nacional detivo a dous individuos como presuntos autores de ata catro roubos con intimidación. Tras contactar coas súas vítimas a través dunha coñecida rede social de contactos, os dous detidos subministrábanlles unha sustancia tóxica na bebida e os trasladaban ao seu domicilio, onde levaban a cabo os roubos. O botín subtraído pola Policía contiña reloxos, xoias, obxectos informáticos e máis de 2.000 euros en efectivo.

Axentes da Policía Nacional detiveron a dous homes, de orixe colombiano e español, como presuntos autores de ata 4 roubos con intimidación mediante submisión química. O modus operandi era sempre o mesmo. Contactaban coas súas vítimas a través dunha rede social de contactos, concertaban unha cita na que lles subministraban unha sustancia tóxica na bebida e, a continuación, os trasladaban aos seus domicilios para perpetrar os roubos.

De momento, foron 5 as denuncias presentadas en toda Galicia, dous en Pontevedra, unha en Vigo, outra en Santiago de Compostela e outra en Ourense. Pero a Policía Nacional está convencida de que esta cifra podería aumentar nos vindeiros días.

Para evitar este tipo de sucesos, os axentes piden á cidadanía que fagan un uso responsable das redes sociais.

No rexistro realizado á vivenda que compartían os dous detidos en Vigo, a Policía Nacional atopou preto de 50 xoias, máis de 60 reloxos, numerosos obxectos informáticos e máis de 2.000 euros en efectivo. Ademais dos delitos de roubo, aos homes atribúenlles dous de estafa por utilizar as tarxetas roubadas e outros dous de lesións.