MEIS> Multutudinaria romaría das Cabezas, en Meis. O tempo acompañou e milleiros de persoas aproveitaron a xornada para subir ata A Armenteira, para ofrecerse á virxe ou, polo menos, gozar dunha xornada festiva e da gastronomía. Como manda a tradición, moitos fixeron o percorrido a pé nunha cita que supón o arranque do calendario festeiro no Salnés.
E case a unha do mediodía e o termómetro desta hora acariña os 30 graos. O bo tempo e a calor marcaron este Luns de Pascua no que, como manda a tradición, hai que facer parada na Armenteira, na Romaría das Cabezas. A de hoxe, unha das citas máis multitudinarias dos últimos anos.
Milleiros de persoas achegáronse por aquí ao longo da xornada. Algúns, movidos pola devoción, para pedirlle á virxe.
Outros veñen ofrecidos, dándolle grazas por poder contalo.
O momento de maior afluencia de xente foi arredor da unha do mediodía, coincidindo coa misa solemne. Pero camiño arriba puidemos ver durante todo o día camiñantes subindo e baixando. Aproveitando este día solleiro, desta volta foron moitos os que se animaron a subir a pé.
E tamén moita bicicleta, aínda que a costa tira…
E logo da parte relixiosa, como bos galegos, tempo para a festa…
… e por suposto, para dar conta da nosa boa gastronomía.
Dende o concello destacan a gran afluencia de público que, como sempre, se achega á romaría das Cabezas, que supón o broche de ouro á Semana Santa en Meis.
Cos actos do Luns de Pascua, aquí na Armenteira despiden tres intensos días de festa na honra da Virxe das Dores e que para moitos marca o inicio do calendario festivo no Salnés.











