Éxito de celebración dun Portonovo gastronómico que rematou coa Raia de Ouro para Carmen Uhía

SANXENXO> Éxito na primeira edición do Portonovo Gastronómico. Así cualifica o concello a unha renovada festa da raia na que participaron 22 establecementos con máis de 40 tapas. O broche final do evento púxose coa entrega da Raia de Ouro a pescantina xubilada Carme Uhía.

O concello de Sanxenxo en colaboración cos hostaleiros de Portonovo quixeron darlle unha volta á festa da raia da vila e crearon o Portonovo Gastronómico. Un evento no que participaron durante dous días un total de 22 locais ofrecendo máis de 40 tapas. O resultado desta renovaba festa gastronómica non puido ser máis exitoso. Centos de persoas achegáronse a vila a degustar as tapas de Portonovo.

Coa celebración do Portonovo Gastronómico, o concello buscaba potenciar a festa da Raia e converter á vila nun referente das tapas.

O broche de ouro á festa púxose o luns coa entrega da Raia de Ouro. A galardoada foi a veciña da vila e antiga peixeira Carmen Uhía. Con este premio quérese recoñecer a súa dedicación coa praza de Portonovo.

Aos seus 99 anos, Carmen Uhía recibiu o premio emocionada e agradecida por todo o cariño recibido pola xente de Portonovo.

Tralo éxito deste Portonovo Gastronómico, a idea do concello é consolidar este evento gastronómico nos vindeiros anos. Tamén anunciaron, que as homenaxes a Carmen Uhía continuarán o próximo ano para celebrar o seu 100 aniversario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí