O PP de Vilagarcía denuncia que o proxecto de mobilidade de Matosinhos eliminará 104 aparcadoiros

VILAGARCIA> O PP de Vilagarcía denuncia a perda de aparcamentos que suporá o proxecto de camiños escolares seguros do goberno de Vilagarcía. Os populares móstranse a favor dos camiños seguros pero están en contra da eliminación das prazas de aparcamento. Acusan ao goberno de Varela de estar aproveitando unha boa causa para impoñerlle aos veciños o seu modelo de cidade.

O concello de Vilagarcía desenvolveu un proxecto para facer máis seguros os camiños escolares. Este proxecto dará os seus primeiros pasos na contorna dos tres centros de Matosinhos. A través de dúas fases, o goberno de Alberto Varela ampliará as beirarrúas aumentando o espazo dos peóns. Dende o Partido Popular están a favor do proxecto de seguridade pero en contra da eliminación de prazas de aparcadoiro.

Segundo o partido popular, as dúas fases do proxecto suporán a eliminacións de 104 prazas de aparcadoiro nas diferentes rúas nas que se actuará, incluído o aparcadoiro da entrada de Matosinhos. Os populares consideran que o PSOE actúa de costas á veciñanza.

Dende o Partido Popular non entenden que agora o PSOE fale desa zona utilizando eses termos cando no 2020 votou en contra da solicitude do PP de mellorar a contorna deses centros. Para coñecer a realidade do proxecto, os populares solicitarán á policía local que realice un informe para establecer con claridade as prazas que se perderán.

Unha vez que coñezan o resultado, piden ao goberno de Varela que se reúna con eles e cos veciños e que explique con claridade como será e como afectará á veciñanza este proxecto. Tamén advirten ao concello de Vilagarcía que con estas actuacións deixarase de lado a todos vilagarciáns que viven nas parroquias do rural.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí