A Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia crea a primeira páxina web inclusiva de Europa

PONTEVEDRA> Seguimos coa comunicación dixital. A Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia, Xoga, presentou esta mañá a súa nova web. A primeira páxina online inclusiva de Europa e que é 100% accesible a persoas xordas, xordocegas ou con perda auditiva.

Parece mentira que en pleno século XXI non haxa páxinas web accesibles a todo o mundo. Pero o certo é que Xoga, a Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia, acaba de crear o primeiro portal online inclusivo de Europa.

O obxectivo de Xoga estaba claro: desenvolver un portal inclusivo que fose unha referencia e que servise para concienciar a todas as empresas para que adapten as súas páxinas web ás necesidades das persoas con discapacidade sensorial. Pero…que ten que cumprir un portal online para ser inclusivo?

Dende Xoga piden ás empresas, e sobre todo, ás administracións que tomen nota deste avance para que entre todos podamos dar un paso máis cara á inclusión real. E ademais, aseguran que o procedemento para conseguilo é moi sinxelo.

A inauguración oficial da páxina web será o vindeiro 1 de agosto no dominio web organizacionxoga.org