CCOO e UXT convocan unha concentración contra “o despedimento por enfermar”

PONTEVEDRA> CCOO e UXT concentraranse mañá para reclamar a derrogación da Reforma Laboral. Baixo o lema “non ao despedimento por enfermar”, os sindicatos mostrarán a súa postura en contra da sentencia do Tribunal Constitucional do 16 de outubro. A cita será ás 12:00 horas fronte a Audiencia de Pontevedra.

Esixir a derrogación da Reforma Laboral. Ese é e obxectivo principal da concentración convocada para mañá por CCOO e UXT . Os sindicatos están convencidos de que esa é a única solución para que os traballadores non se vexan abocados á redución drástica de emprego, ao sometemento á pobreza e á exclusión social.

Os sindicatos poñen o foco na sentenza do Tribunal Constitucional do pasado 16 de outubro. Nela permítese o despedimento obxectivo por ausencias intermitentes aínda que sexan xustificadas. Unha medida que non foi aprobada por unanimidade.

Dende UXT e CCOO advirten das consecuencias que terá esta sentenza nas empresas españolas e aseguran que as mulleres serán as máis afectadas.

Tanto Xosé Ramón Piñeiro como Ramón Vidal están convencidos de que a única solución ante este problema pasa por derrogar o artigo do Estatuto dos Traballadores. Un artigo, o 52, que existe dende o ano 1980 pero que foi endurecido coa reforma laboral aprobada no ano 2012 polo Goberno de Mariano Rajoy. A concentración convocada por UXT e CCOO será mañá ás 12:00 horas fronte a Audiencia de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí