A mancomunidade do Salnés comeza o curso de minipas e retroescavadoras cun 50% de participación feminina

CAMBADOS> A mancomunidade do Salnés organiza un novo curso de minipas e retroescavadoras. 14 alumnos formaranse nestas maquinarias tan demandadas polas empresas. De novo destaca a participación feminina coa metade de alumnas participantes.

A mancomunidade do Salnés deu comezo a unha nova edición do seu plan integral de emprego, emprega X. Entre os seus cursos atópase formación en novas tecnoloxías, como manexo de drons, pero tamén aprendizaxe en traballos tradicionais. Dentro deste cursos atópase o de manexo de minipas e retroescavadoras, un taller moi demandado polo alumnado.

No curso fórmanse 14 alumnos, dos cales a metade son mulleres. Unha mostra máis da integración da muller en todas as profesións.

O curso nace da demanda das empresas, que cada ano demandan a traballadores que saiban manexar esta maquinaria.

O traballo constante entre a mancomunidade e as empresas axuda a realizar cursos no que o alumnado teñan máis posibilidades de conseguir a integración laboral, o obxectivo principal deste plan integrado de emprego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí