O festival Varietés presenta a súa edición máis profesionalizada

VILAGARCÍA> Vilagarcía dará comezo á súa programación musical de verán co festival Varietés. Nesta edición, os artistas serán todos profesionais debido á nova regulación da lei de espectáculos. O evento terá lugar os xoves e os venres do 27 de xuño ao 9 de xullo.

Vilagarcía abrirá a súa programación festiva de verán co microfestival a pé de rúa Varietés. A Asociación Cultural Varietés presentou a máis seria das súas nove edicións cun cartel completo de artistas profesionais para adaptarse á nova regulación da lei de espectáculos.

Segundo os organizadores, seleccionaron aos artistas seguindo diferentes criterios como: buscar músicos que ofrecesen algo diferente e actuacións que poñan en valor a presenza das mulleres na música. O obxectivo é converter o microfestival nun evento que dea a coñecer o actualidade da escena musical galega.

O concello volve a apoiar esta iniciativa que leva a xente de toda a ría achegarse á rúa Méndez Núñez.

O microfestival terá lugar todos os xoves e venres do 27 de xuño ao 9 de xullo a partir das 10 da noite.