Sanxenxo acolle o reparto das 156 bandeiras azuis para Galicia

SANXENXO> A primeira bandeira azul da tempada xa ondea na praia de Montalvo, en Sanxenxo. A entrada do areal foi o escenario escollido para o acto de entrega dos 156 distintivos que a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor concedeu a praias, portos deportivos e sendeiros azuis de toda Galicia.

Sanxenxo repite como o municipio de España con máis bandeiras azuis e xa dende hoxe a primeira da tempada se exhibe nun dos seus areais. A praia de Montalvo acolleu esta mañá o acto de entrega dos distintivos aos concellos galegos.

A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor concedeu 156 distintivos a praias, portos deportivos e sendeiros azuis de toda Galicia. Unha bandeira que recoñece a aposta pola calidade destes recursos.

Galicia é a segunda comunidade de España en número de bandeiras, só superada por Valencia. Porén, Sanxenxo encabeza o ranking de municipios en todo o estado. Catorce das súas praias contarán con este distintivo e a aposta do concello é clara por incrementar os distintivos.

As bandeiras azuis tamén se verán na praias de Area da Secada e O Bao, na Illa de Arousa, e O Preguntoiro e Campanario, en Vilagarcía. No Barbanza, Boiro reparte sete distintivos entre os seus areais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí