Un congreso para reflexionar sobre as oportunidades e os retos da lonxevidade

PONTEVEDRA> O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana o 31 Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía. Un evento no que participarán máis de 70 poñentes de diversos países de Europa e Latinoamérica para falar das oportunidades e dos retos da lonxevidade.

Reflexionar sobre as causas do envellecemento poboacional e converter a visión da lonxevidade en algo positivo. Eses son os obxectivos da nova edición do Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía que se celebra esta fin de semana en Pontevedra. Un evento no que participan 72 poñentes de todo o mundo e no que haberá diferentes exposicións e workshops.

Co lema “Galicia, liderando a lonxevidade Europea. Oportunidades e retos” os organizadores do congreso esperan chegar a máis de 300 persoas.

Galicia conta actualmente cunha das sociedades máis lonxevas da historia. Algo que remarca a importancia de que se celebren este tipo de eventos.

O Congreso Internacional levarase a cabo esta semana, o xoves, venres e sábado, e toda a información a podedes atopar na páxina web da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría.